ASOCIACION GALEGA DE AUTOCARAVANAS
Colaboradores
Bienvenid@ a este espazo,
Somos a única asociación de Autocaravanistas de Galicia federada na Federación Española de Asociacións de Autocaravanistas da que ademais somos socios fundadores, que pretende dar cabida a socios de toda a comunidade coa intención de compartir actividades lúdicas, culturais e traballar pola difusión e o respecto do autocaravanismo como actividade de tempo libre. Gustaríamos de fomentar esta afección que se practica en familia e en contacto coa natureza. Ademais queremos estimular a boa práctica do mesmo e ofrecer a quen non nos coñezan unha idea de actividade saudable, respectable e porque non envexable!
A nosa creación é moi recente (outubro 2006) polo que, logo dun duro ano de traballo para pór en marcha a asociación, vimos agora de comezar a deseñar as nosas actividades, a dar xeito ás nosas ideas e a espallar a nosa existencia en todos os eidos onde nos semelle axeitado. Xa empezamos con algunhas actividades, tal como aparece reflectido noutro apartado desta páxina e estamos a organizar as seguintes para ter sempre algo que poder ofrecer a quen nos queirades seguir.
Ademais nesta páxina poderás atopar información xeral do mundo do autocaravanismo, información específica da nosa asociación, como as vantaxes de pertencer á mesma, os trámites e documentos para inscribirse, o noso funcionamento e as actividades, tanto as realizadas como as previstas, documentadas e “fotografadas”, así como entrar e participar no foro de autocaravanistas galegos Acgalicia.
Mentres tanto podes contactar connosco a través de correo electrónico e estaremos encantados de coñecerte e darche a información que nos solicites.
A Xunta Directiva.